¡Benvidos a web da Anpa Ceip O Couto!

    Dende a Anpa do Ceip o Couto, tentaremos ter actualizado esta páxina web, adicada a dar información en todo o relacionado coa anpa.

    Empezamos cun novo proxecto, para que sexa sinxelo de levar e actualizar para que calquera pai ou nai que se anime a formar parte da directiva, sexa capaz de modificala e poder tela actualizada. Para nada tentamos xerar unha web profesional, senon práctica e aberta a calquera opinión que se poida xestionar desde a mesma.

    Agradecemos a vosa colaboración coa web, facéndonos chegar as fotos que fagades nas festas, para eso temos a vosa disposición un correo adicado sólo a páxina web, nel atenderemos soamente o relacionado con ela, suxerencias para mellorala, fotos das festas que queirades compartir...

    Correo adicado a xestión web: gestionwebcouto@hotmail.com