Anpa Ceip O Couto, somos un grupo de pais e nais que actualmente teñen fillos escolarizados no Ceip O Couto, desde a asociación tentamos ter unha relación directa co colexio, para en conxunto, facer que a estadía dos nenos no colexio, sea a mellor posible.
O noso compromiso
Dedicámonos a ser os ollos de todolos pais e nais, para evitar calquera xeito de discriminación, somos imparciais e laicos. Xestionamos a actividades extraescolares, a acollida temperá, o comedor, e mediamos co colexio nas decisións que nos impliquen. Formamos parte tamén do Consello Escolar.